07/10/14

a illa


"A illa de Jean Charles está a desaparecer no Golfo de México
A grava da estrada de 3 quilómetros que comunica á illa corróese 
lentamente coa auga salgada e crea bordos irregulares que deixan 
tan só unha pequena pista para ir dun lado ao outro. 

A illa é agora un terzo do tamaño que tiña cando as nativas/os 
americanas se estableceron alí en 1876. Foron empurradas a 
dirixirse cara o sur para evitaren a escravitude cando os 
primeiros exploradores alegaron que Louisiana era deles.

A día de hoxe, hai menos de cincuenta veciñxs afincadxs na illa. 
Os seus apelidos son Naquin, Dardar, Verdin, Chaisson ou Billiot
Liñaxes familiares moi profundas e entrelazadas."

Fotos e texto: Stacy Kranitz















06/10/14

idade de transición

"Este proxecto explora o estado de ánimo no período 
que vai dende a infancia á idade adulta. 

A primeira decepción que trae consigo o novo mundo 
consiste en erradicar progresivamente a espontaneidade 
da nena e a capacidade de sentir algo realmente. 

O sentimento de dualidade formado pola sensación de 
inferioridade e a perda de contacto consigo mesma 
coas outras persoas constrúe unha máscara de desgaste. 

Pouco a pouco, a infancia, 
con todas as súas imaxes e mundos máxicos, 
permanece envolta en néboa ridícula e innecesaria."

Fotos e texto: Danila Tkachenko














03/10/14

zona ZEN

A ZEN (Zona Espansione Nord) fíxose durante os anos setenta 
para as persoas que vivían nas chabolas ás aforas de Palermo. 

Fotos: Carlos Spottorno














01/10/14

13/09/14

L'inassolible

"Vivimos xuntos durante case vinte e sete anos 
e houbo bos e malos tempos. Os bos non son 
dignos de mención, xa que deixan un bo recordo; 
así como a respecto dos malos, só quero dicir que
son consciente de que moitas veces eran culpa miña. 

Recoñezo as miñas "neuroses", 
e por iso che pido que me perdoes; 
quizais os meus ciúmes, 
o meu desexo por que tiveras o mellor, 
a procura absurda da perfección á que
lle dediquei toda a miña vida (vaia erro)
fixeron que che pedise demasiado. 
Isto, obviamente, 
levounos á tensión que moitas veces 
era innecesaria e absurda." 

Texto do meu pai, Manel Guaus, tirado dunha carta que me escribiu cando marchei da casa no ano 1998, titulado "Pensamentos dun pai de 50 anos de idade". Fotos do álbum de fotos dos meus pais.

Fotos e texto: Roger Guaus.