31/03/12

fotógrafos que fan videoclips

O fotógrafo norteamericano Roger Ballen vive en Sudáfrica dende os anos setenta. Dos noventa en diante deixa a un lado a súa etapa documental e tira fotografías surreais e estranas a xeito dunha busca introspectiva persoal. Son imaxes protagonizadas por obxectos e personaxes en ambentes sórdidos e escuros que tratan de eliminar as lindes entre o real e a ficción. A angustia faise dona dos seus retratos que amosan persoas e animais en espazos que semellan ser celdas. 




















A Sudáfrica tamén pertence Die Antwoord, un grupo de música que se move entre o hip hop e a música electrónica con toques de humor absurdo e letras salvaxes.

Roger Ballen e Die Antwoord traballaron xuntos na realización dun clip musical, eiquí o resultado:

28/03/12

Non quería a típica foto de regatas

O fotoxornalista galego Miguel Riopa foi un dos gañadores do World Press Photo'08 cunha imaxe da Copa América de Vela celebrada en Valencia. Na Galiza destacan os seus traballos sobre os desastres provocados polos lumes e o afundimento do Prestige. 

Estou encantada de poder traballar con el na realización das miñas prácticas.






Un dia vaig poder escollir la meva professió...

... i vaig escollir ser fotoperiodista.

Un documental catalán sobre o estado actual do fotoxornalismo que se constrúe a partir da opinión de 14 fotoxornalistas.


Reinventando el Fotoperiodismo [CAST] from Treski Productions on Vimeo.

26/03/12

Ontem

A vida en Porto, polo fotógrafo portugués André Cepeda.

"Ontem é o título deste projecto que começou quando conheci o H. que estacionava carros à porta de minha casa. 



Mostrei-lhe o meu interesse em conhecer as ruas que ele percorria e os bairros por onde ele andava. Interessava-me conhecer aqueles territórios, as traseiras, as paisagens escondidas do Porto, os caminhos alternativos pelos bairros da cidade, locais a que, não conhecendo muito bem, me tenho vindo a dedicar há algum tempo. A ausência de tempo que sentia nos locais e nas pessoas que ia encontrando, o perigo e a dureza da realidade começou a interessar-me.















Perguntava-me, recorrentemente, porque andava a fotografar. E só mais tarde é que percebi que este projecto fazia todo o sentido para mim. A minha vida sempre se cruzou com histórias ligadas à droga. O facto de viver no centro do Porto faz-me confrontar com essa realidade todos os dias.


















Ontem foi a melhor palavra que encontrei para descrever este estado de espírito, pois neste contexto a grande questão parece ser como se lida com o tempo. Como passar o tempo. Como passar o tempo com um corpo e uma mente, e o que fazer com eles. Esconder, refugiar, anular, esquecer. Tentar estar fora do tempo."



André Cepeda // Ontem from haveanicebook on Vimeo.

D. no Galleiro

Fotos: Silvia Mella

22/03/12

Diario sórdido

Ray’s a Laugh é un autorretrato familiar de Richard Billingham. O fotógrafo nado en Birmingham (Black Country) quería debuxar ao seu pai e á súa nai. Non había maneira porque ós quince minutos os modelos movíanse e pedíanlle unha cervexa polo que decidiu tirarlles fotos. Co paso do tempo non facían nin por posar e a naturalidade fíxose dona dunha fotorreportaxe familiar estupenda.

















O seguinte video contén o libro enteiro:


Richard Billingham // Ray's a Laugh from haveanicebook on Vimeo.

O cotián merece ser contado

BluePhoto é unha nova axencia de fotógrafos documentais formada co fin de contar historias dende outro punto de vista, "con moita humildade e respecto. Historias que van dende o local cara fóra, pequenas historias que hai que reivindicar”. 



Bluephoto Agency from Bluephoto Agency on Vimeo.

20/03/12

11/03/12

o rebulir social

Imaxes da manifestación convocada polo sindicato da CIG en Vigo o 10 de marzo, coincidindo co día da Clase Obreira Galega e como adianto da Folga Xeral convocada para o 29 deste mes.