A fotografía non está acabada na cámara. Hai que escoller. Diferenzar entre os pequenos detalles. Hai que saber editar. Editar é un exercicio de sutileza.
"Para significar o mundo hai que sentirse
implicado co que o visor destaca. Esta
actitude esixe concentración, disciplina
do espírito, sensibilidade e sentido da
xeometría. A simplicidade da expresión
conséguese mediante unha gran economía
de medios. Hai que fotografar partindo
sempre dun gran respecto polo tema e por
un mesmo.
Harold E. Edgerton desenvolveu
a súa propia técnica do estroboscopio,
un procedemento co que fotografiou
a descomposición do movemento.
Fabricou o seu propio estroboflash
que emitía varios raios de luz a
unha determinada frecuencia de
tempo que se podía regular.