15/05/13

vacacións en Magalluf

Javier Izquierdo retratou con cámaras de usar e
tirar as praias de Magalluf, a poucos kilómetros
de Palma de Mallorca. No verán centos de ingleses
gozan dunhas intensas vacacións na illa.

















13/05/13

furtivos


"Porque esta terra non é vosa, estades aquí de prestado.

Hai comportamentos que están no noso programa xenético. Aínda que non haxa terra, o can sempre tentará enterrar o óso; aínda que baixo os seus pés haxa túneles de metro, vidro e formigón, o ser humano furará o que sexa para plantar unha semente.

Cando Bilbao se fixo unha cidade industrial, miles de persoas saíron do interior en busca de traballo nas fábricas. Era xente do campo, como a de aquí: a diferenza é que eles non puideron traer as súas terras..."

Bilbao, 2008/12

Vicente Paredes