31/01/12

C.E.N.S.U.R.A

Julián Barón forma con Ricardo Cases e outros cinco fotógrafos máis o colectivo Blank Paper. Preséntanse como un grupo de artistas comprometidos, sinceros e sobre todo afastados dos estereotipos. Cren na liberdade e implicación persoal do fotógrafo e confían o agromar dos seus proxectos ao desenvolvemento do colectivo.

C.E.N.S.U.R.A é un libro de Julián Barón que acha que a fotografía e a censura actúan xuntas no circo da política. Así, Barón intenta censurar á censura con imaxes que non son máis que unha panorámica da política actual chea de enganos e parafernalias meramente superficiais.
















“O estado que tanto defenden desvanécese coas súas accións”

Julián Barón, 11/2011

29/01/12

Contactos

Contactos é un documental no que
trinta e tres fotógrafos compoñen
un autorretrato múltiple a través
das súas follas de contactos

Sophie Calle, Cartier-Bresson, Jeff Wall,
Nan Goldin, Elliot Erwitt, Thomas Ruff 
e Helmut Newton, entre moitos outros, 
dispoñen de trece minutos cada un para 
falar sobre o seu traballo e sobre os 
grandes cambios que están marcando o 
campo da fotografía nas últimas décadas.

Para ler a nova enteira pinchar aquí

Os mellores libros do 2011

Photoeye publicou a súa selección dos mellores libros de fotografías do 2011. Entre os autores figuran nomes como os do fotógrafo alicantino Ricardo Cases ou o fotoxornalista madrileño Javier Arcenillas. 

Os libros foron escollidos por un xurado do que participaron verdadeiros mestres da fotografía, como por exemplo Martin Parr ou Alec Soth.

Illuminance de Rinko Kawauchi


Sicarios de Javier Arcenillas
Paloma al aire de Ricardo Cases




18/01/12

Jeff Wall en Compostela II

Algo máis dun mes lle queda a Jeff Wall
en Santiago. The Crooked Path é un crisol
de obras de arte relacionadas entre sí a
través das imaxes do fotógrafo canadense.
Unha exposición que pechará as súas portas
o 26 de Febreiro.

















17/01/12

Os hoteis

Sophie Calle traballou no servizo de limpeza
dun hotel de Venecia para fotografar as habitacións
unha vez desocupadas. Calle emprega a intimidade
e a imaxinación como principais chaves fotográficas.


14/01/12

A publicidade

Juventud sin Futuro respóndelle a Coca-Cola
cun video no que se burla da pseudo intención
da marca que “pretende crer nun mundo mellor”.


A infinita hipocrisía da publicidade:

09/01/12

a banalidade do cotián

Con cámaras de gran formato Stephen Shore reflicte detalles do cotián a partires de escenas aparentemente triviais dalgúns lugares sitos nos Estados Unidos. A súa composición ordenada e os seus encadres serenos fan que as imaxes de Shore conxelen o tempo e se convirtan en sitios apremiantes donos dunha pasividade estrana e inquietante, sitios ordinarios que revelan o estilo de vida americano.





08/01/12

somos ratos II

Mouseland é unha fábula política creada
por Tommy Douglas. Unha historia de ratos
e gatos que sempre estará de actualidade
a lo menos ata que todos esteamos dispostos
a evitar que o conto se repita máis veces.

07/01/12

ceo e terra

somos ratos

Art Spiegelman é o creador dun dos cómics máis
coñecidos da historia. MAUS conta a experiencia
dun supervivinte aos campos de concentración nazis.
A historia está baseada na vida do pai do creador da
banda deseñada, un xudeu polaco que lle conta ao
seu fillo como foron os seus días en Auschwitz
durante a Segunda Guerra Mundial.




05/01/12

A beleza das partes

O fotógrafo David Hilliard constrúe unha imaxe con varias fotografías nas que a distancia física é manipulada para representar a distancia emocional. Son secuencias de fotos nas que se intercambian os planos por distintos ángulos de visión, imaxes cambiantes que dirixen o ollo do espectador creando unha nova maneira de entender a linguaxe visual. 











04/01/12

o poder contemporáneo


No seu libro Trinity (Trinidade), o fotógrafo de Magnum Carl De Keyzer amosa unha conxunción entre a omnipresencia do poder, a violencia da guerra e a hipocrisía do político. Estas son algunhas imaxes do libro, para velas todas aquí.


















USA. Espectáculo militar aéreo para presentar o novo bombardeiro Stealth. Organizado polo Pentágono. 1992.



















USA. San Francisco. Semana da Flota - Espectáculo Anual da Marina Americana. Os novos reclutas. 2000.



















ITALIA. Roma. Discurso do Papa Juan Pablo II no Coliseo. 1993.

















FRANCIA. Estrasburgo. Parlamento Europeo. 2005.

















CHINA. Beijing. Asamblea Popular Nacional. 2007. 

Sentido do bo humor VIII

O París de Elliott Erwitt.