04/12/15

Olá Caleidoscópica!

"O nosso caleidoscópio é made in Galiza. A olhar em horizontal o mundo; porque não é melhor Nova Iorque do que Compostela, por ter a Fashion Week, nem A Corunha do que Ramala por ter a Ikea. Trabalhamos daqui porque foi aqui que nascemos, e de onde podemos contar as histórias da humanidade, sem necessidade de ir para  Macau ou o Senegal na procura do exótico. Se formos para a Índia fazer uma reportagem, irá ser uma história em terceira pessoa, as fotos de mais uma ocidental a sentir fascínio pela Índia, não de uma indiana." *fragmento do editorial do Caderno de fotografía nº1 da revista Caleidoscópica

21/10/15

Un país imaxinario

"Eu case deixo a fotografía...

... porque non me deixaba avanzar no meu traballo. Facía fotografías como as facía todo o mundo, aborrecíame a min mesmo, aborrecíanme os meus propios traballos e non había maneira de avanzar.

Entón comecei a traballar en cor e abríuseme a porta de golpe. Toda esa frustración acumulada durante anos de non poder avanzar no meu traballo soltouse de repente e puiden traballar de verdade ao límite físico e emocional. Que significa iso? 


Pois significa que cada movemento, cada cousa que fas, calquera decisión que tomas na túa vida, nas túas viaxes, o lugar no que aparcas o carro, en todo; no que levas, no que non levas, todo está calculado por e para o teu proxecto. Vívelo todo en función absoluta do proxecto. É máis, penso que en certo tipo de fotografía hai que pasar por esa fase, hai que traballar así; porque aí é onde está o borde, onde ti en verdade podes empezar a contar cousas, a facer fotografías interesantes."
















"Os fotógrafxs que máis me gustan son os que traballan dende dentro da súa cultura, moito máis que os fotógrafxs que venhen e van a outro lado. Por que?

Porque cando van a outro lado tenhen unha idea do que van fotografar.
Porén cando traballan dende dentro da súa cultura poden afondar moito máis, son traballos que me dán moita máis información interesante. O fotógrafo/a que vai a unha cultura exótica xa trae consigo todas as respostas, ás veces até sen querelo, é moi difícil ir a un sitio totalmente distinto e facer un traballo interesante.


cristobal hara-un pais imaginario from eCM TV on Vimeo.

Desta maneira, non é o mesmo ir facerlle unhas fotos a un exército que facerlle unhas fotos a un exército do que ti formas parte. Un exemplo moi claro foi o que pasou en Iraq, as fotografías icónicas do conflito foron tiradas polos propios soldados cos seus teléfonos móviles no campo de prisioneiros. Da mesma forma, o traballo que fixen sobre os soldados espanhois durante a ditadura tenhen esa cualidade de exército de xoguete porque eu era parte dese grupo. A persoa que vén de fóra non pode ver iso, ela ve un exército facendo de exército, disciplinado e con armas. Pola contra, eu estaba fotografando unha panda de desgraciados que estabamos aí pasándoo fatal."

Fotos e texto: Cristóbal Hara


Cristobal Hara // Zaragoza Photo 2011 from ZaragozaPhoto on Vimeo.