23/01/13

O home que nunca estivo alí

Roger Deakins pon a guinda no pastel
dos irmáns Coen.













O home que nunca estivo alí posúe unha
linguaxe fotográfica construída en base
ós sentimentos do protagonista, sempre
tan distante, que se resolve cunha
película introvertida en branco e negro
na que as imaxes contan máis que os
propios diálogos. 














06/01/13

Amor á esquerda II

Nan Goldin amosa nas súas instantáneas o que foi a súa vida e a dos seus amigos e amigas. Son fotografías que falan dunha vida chea de excesos, o abuso das drogas, o sexo descontrolado, o sida, a abstinencia e a vida nocturna. 

Ela non é unha voyeurista, ela é partícipe do seu propio documental.

"Creo que cada persoa debería crear a partir do que coñece e falar sobre a súa propia tribu. Só podes narrar con verdadeira comprensión e empatía sobre o que experimentaches.” 

Nan Goldin