20/11/13

KARMA

O ser humano quere ser máquina.

Óscar Monzón define o coche como
unha prolongación das persoas.

Nun coche botas media vida polo que
fas vida dentro del. Falas, pensas,
discutes, aceleras, fodes, comes,
fumas, paseas, frenas, cantas, dormes...

Penso que se o coche falara diría Karma.














Libro gañador do First Photobook Award 2013 

19/11/13

un chinés ordinario

Silvermine é un conxunto de fotos
rescatadas dunha planta de reciclaxe
ilegal ás aforas de Beijing.

Durante cinco anos Thomas Sauvin 
foi cada mes na procura de negativos
que arquivou e editou ata organizalos
en cinco albums de fotos de distintas
temáticas:

1. Televisores e frigoríficos.













2. Un e dous.














3. Marilyn e Roland













4. Festas e travestis
















5. Traballo e ocio














Silvermine é o disparo por si acaso,
a foto descartada, o chinés ordinario,
a familia en Tailandia, os televisores novos,
as imaxes borrosas, os bebés que nacen,
os negativos raiados, as ceas de Nadal,
o gato gracioso, a hamburguesa do MacDonalds...

A apertura dos mercados fixo que chegaran
eses negativos aí. E Sauvin recreou a través
deles a revolución cultural chinesa facéndoa
un retrato múltiple.

Os negativos rexeitados por milleiros de familias
diferentes son capaces de contar a mesma historia
unha e outra vez.










Así se fixo Silvermine:


Beijing Silvermine - Thomas Sauvin from Emiland Guillerme on Vimeo.