Mostrar mensagens com a etiqueta libros. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta libros. Mostrar todas as mensagens

20/11/13

KARMA

O ser humano quere ser máquina.

Óscar Monzón define o coche como
unha prolongación das persoas.

Nun coche botas media vida polo que
fas vida dentro del. Falas, pensas,
discutes, aceleras, fodes, comes,
fumas, paseas, frenas, cantas, dormes...

Penso que se o coche falara diría Karma.














Libro gañador do First Photobook Award 2013 

24/10/13

Xoubanova na Coruña

“Alguén estivo aquí, alguén fixo isto. Aquí pasan cousas.”
Luis López Navarro
O segundo fin de semana de novembro volveremos estar no fantástico estudio de Zlick co fin de aprender algo novo á conta de Antonio M. Xoubanovaun dos membros do colectivo Blank Paper Fotografía.

Aquí vos deixo unha mostra do seu traballo máis coñecido, Casa de Campo, unha fábula fotográfica que nos invita a ser partícipes do que pasa aos arredores da urbe madrileña. O libro componse de cinco partes que falan do amor, da morte, dos acontecementos fugaces, dos símbolos e da desorietación.



"A casa de campo é un bosque no medio da cidade.  É unha illa chea de náufragos e turistas.  
















É un sitio estupendo para ir na procura de nada en concreto; para atopar cousas que non sabes que buscabas (...) 































É absolutamente horrible e bonito. É o meu lugar favorito para disparar. É un parque de feras e atraccións. É imprevisible. É un parque republicano onde hai un cerro no que din que soben as almas dos madrileños ao ceo cando morren. É un lugar perfecto en Madrid para intentar contar un conto máxico hiperrealista."









































Texto e fotos de Antonio M. Xoubanova

20/02/12

2 and 1/4

O fotógrafo William Eggleston captura imaxes cheas de vida a través de espazos que nun primeiro momento semellan sen importancia.


William Eggleston // 2 and 1/4 from haveanicebook on Vimeo.

Máis libros aquí

29/01/12

Os mellores libros do 2011

Photoeye publicou a súa selección dos mellores libros de fotografías do 2011. Entre os autores figuran nomes como os do fotógrafo alicantino Ricardo Cases ou o fotoxornalista madrileño Javier Arcenillas. 

Os libros foron escollidos por un xurado do que participaron verdadeiros mestres da fotografía, como por exemplo Martin Parr ou Alec Soth.

Illuminance de Rinko Kawauchi


Sicarios de Javier Arcenillas
Paloma al aire de Ricardo Cases




07/01/12

somos ratos

Art Spiegelman é o creador dun dos cómics máis
coñecidos da historia. MAUS conta a experiencia
dun supervivinte aos campos de concentración nazis.
A historia está baseada na vida do pai do creador da
banda deseñada, un xudeu polaco que lle conta ao
seu fillo como foron os seus días en Auschwitz
durante a Segunda Guerra Mundial.