Mostrar mensagens com a etiqueta artenarúa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta artenarúa. Mostrar todas as mensagens

08/03/12

BLU

BLU e a arte na rúa, unha nova tendencia cada vez máis recoñecida.

As imaxes son da súa web.







12/12/11

cara a cara

No ano 2005 J.R. viaxou ó Oriente Medio
para levar a cabo o seu proxecto Face2Face.
Retratos cómicos de palestinos e israelís en
ambas as dúas partes dos seus muros. 



"Nun contexto delicado, 
temos que ser claros"








24/11/11

Inauguramos!



































A nosa primeira
exposición conxunta.

Hoxe ás 20:00 horas
o alumnado da  Escola
de Arte e Superior de
Deseño Antonio Faílde
inauguramos o noso espazo
no Outono Fotográfico de
Ourense con nome propio:
Pas(e)n e vexan.

31/10/11

proxectando 2ª parte

O pasado xoves de madrugada levamos a cabo
as intervencións para a nosa próxima exposición
conxunta Pase(e)n e vexan.

Lástima que algunhas non duraran máis dun día
e que das que quedan a policía nos mande retiralas
antes do mércores.
















Pegada na Praza de Abastos en Ourense.

12/10/11

proxectando

Os alumnos de 2º de fotografía
da Escola de Arte Antonio Faílde
estamos traballando na nosa exposición
Pase(e)n e vexan,
unha mestura de arte urbán e fotográfico.

Esta é unha das miñas tomas

03/10/11

Banksy

O documental de Banksy sobre un home calquera,
pouco listo,
pseudo-cineasta obseso,
Mr. Lavacerebros,
estereotipo flaxelado,
sen idea da arte,
faise artista do día para a mañá.
Obtén recoñecemento público instantáneo.
Ademais, faise rico.
As súas obras véndense ben.
Todo se pode comprar.
O mercado da arte inclúe todo tipo de personaxes.
Exit through the gift shop.
O documental de Banksy sobre un home calquera...
co que a Banksy lle gusta provocar.
Quédome coa dúbida se este personaxe será outra das súas obras.