23/09/13

Ahmed e o seu fusil


Toda a vida chorando polas 3.000 persoas que morreron nas Torres Xemelgas e tan só un minuto de telexornal barato para as 100.000 persoas que morren e seguen morrendo cada día en Siria.

Foto: Sebastiano Tomada















Os medios de comunicación de masas definen un patrón informativo no que hai mortos bós e mortos malos. A solución americana non difire en absoluto da prosa vendida da prensa; semella o mundo unha partida de Risk na que o único problema é desfacerse das vísceras do conflito mediante a diferenza entre uns e outros mortos.

A unión da política coa leria conxúgase entre bombas que loitan contra armas químicas. Guerra e colonización. Mortos de bala, de bomba, de fame e dende o outro lado seres estáticos morrendo da risa.

Os pais de Ahmed están mortos tamén.