31/12/12

Baseado en feitos reais


"Algúns dos meus amigos pregúntanme porque non falo do meu libro. Eu só non podo facelo. O libro é o libro e eu espero que a alguén lle guste.  Este vídeo coa axuda do meu fillo Bryan é o máximo que podo facer (...). O seguinte texto é unha carta de Sam Harris (...) el é, ata onde eu sei, a única persoa aquí en Burn que realmente ollou o libro.

Entón Sam escribe:

Baseado nunha historia verdadeira...  Este libro é simplemente incrible! Incrible! Tes que collelo, sentilo, entrar dentro del, desmontalo, reconstruílo, vivilo, cheiralo, acariñalo e entón todo ten sentido. Fresco, sensual, sexy... (...) O fotógrafo podería só sentir e falar sobre as glorias do pasado, pero ese non é o estilo de David. El está aí fóra facendo iso, vivíndoo. Este libro é un clásico absoluto. Mellor aínda! É a mellor cousa sobre algo que está "baseado nunha historia real”. É fotografía.”

David Allan Harvey na súa revista Burn