Mostrar mensagens com a etiqueta muller. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta muller. Mostrar todas as mensagens

19/04/16

desaparecidas

Me baño, preparo mi cámara y los rollos. 
Siento un dolor fuerte en el pecho, una opresión: 
“la pinche impunidad”, pienso, “duele”. 

“¿Cómo podemos seguir viviendo con este terrible dolor?”.


Fotos e textos: Maya Goded












"Cuando tomaba fotografías para mi proyecto sobre las mujeres desaparecidas en Ciudad Juárez, mi preocupación constante eran las niñas. La terrible inseguridad en la que vivían y cómo incorporaban la violencia cotidiana a sus vidas. Cómo iban creciendo y construyendo sus sueños entre tanta angustia y desolación. 

Después de mis estancias en Ciudad Juárez sentí la necesidad de regresar y hacer estos videos sobre niñas que viven en barrios muy violentos. Todas son hijas o hermanas de desaparecidas."

 
Norma, Ciudad Juárez 2015 from Maya Goded on Vimeo.

01/03/16

Narcoestética

De como o patriarcado presiona e tortura ás
que serán as mulleres dos capos en Medellín,
Colombia.

Fotos: Manuela Henao

Abdominoplastia

Lucía no seu aniversario (15 anos)



As mans de Lucía

Torta de aniversario de Lucía

Luisa posando

Inhibidor do apetito


Interior dunha casa

Karina (28): Liposución, rinoplastia e mamoplastia.



19/02/16

ANNA KONDA

O Clube de Loita Feminina de Berlín fundouse hai seis anos grazas ás loitadoras Anna Konda e Red Devil. Sendo de ámbito privado e exclusivo, este clube naceu como un revival da loita libre feminina que tivo o seu apoxeo na capital alemá nos anos vinte do século pasado [...] 

O clube acepta todo tipo de mulleres sen distincións na idade ou no peso, tamén acepta homes, sempre e cando acaten as normas que alí hai.

Fotos: Katarzyna Mazur










14/02/16

A avoa e mais eu

Este traballo está construído sobre o núcleo da relación entre a minha avoa e mais eu, o noso lazo a través das imaxes. A casa e o corpo son as coordenadas que o estruturan, e a fotografía é o medio que nos permite fixar a mirada, deixar que os demais entren no noso mundo. A través de imaxes e textos trato de falar da memoria, a herdanza persoal e cultural e sobre todo falar da fotografía como unha forma de explorar a identidade. 

Fotos e textos: ANA CASAS BRODA

Viena (1996)

A casa está nos seus últimos días. Está aquí unha companhía que o leva todo. Quitaron a maioría dos mobles, rompéronos con machadas, disque xa non tenhen valor. Retrato todo porque non quero perderme ningún detalle. Quero despedirme cos ollos ben abertos.























Viena (1995)

Volvín fai uns días a Viena. Omana terá que deixar a casa este verán, ten 85 anos e xa non pode vivir soa. Cando chamamos á minha nai sempre está moi nervosa e fai plans. Onte falou de levala a México. Polo tono de voz de Omana sinto que quere quedar.















Entre os papeis atopei unha carta. Despois da guerra a minha avoa enviábanlle as cousas dunha muller chamada Grete Neumann. A avoa díxome que era a irmá do seu primeiro marido. Había moitas fotos dela e da súa filla. Comecei a preguntarlle sobre iso. No tremor da súa voz souben que estaba emocionada, e que ninguén lle perguntara nada en moitos anos.










Durante anos a minha avoa tirou fotos de todo. Era a súa maneira de estar presente. Dicíalle o meu avó: Toma unha máis, por se acaso. Os domingos ela pasaba diapositivas mentres el quedaba durmido.


















En 1963 o meu avó dixo que ía por tabaco e nunca volveu. Foise con outra muller. A avoa quedou soa na casa coa bisavoa de 92 anos. A minha nai contoume que foi ela a que lle axudou a marchar. Pouco despois ela tamén marchou a estudar a Londres. A minha avoa quedou soa e seguiu tirando fotos da casa, das flores do xardín e do meu avó cando saía pola televisión.































Aos 18 anos inscribínme nunha escola de fotografía. Tirar fotos converteuse nunha obsesión.

Fotografieime espida e anotei os meus kilos xunto todo o que comía, fixen uns cadernos de dietas. Se era capaz de construir un corpo tamén construiría unha identidade.


Viena (1991)

Hoxe a minha nai deixou que a fotografara na banheira.























Esperei a que estivésemos soas para pedirlle a minha avoa uns retratos espida.