31/10/13

Mulheres em luita

Video-presentación dunha das exposicións que estiveron este verán na XXVII edición do Festival de Poesía do Condado.




"Tornar visível o invisível. 
Existir. E resistir. 
Eis a grande luita das mulheres durante séculos. 
E aquí seguimos.

As imagens da fotojornalista Sílvia Mella nom presentam guerreiras espartanas num campo de batalha. Nom há planos angulosos e perspectivas enaltecedoras. Nom há fantasia nem fogos de artifício. Também nom há supermodelos vestindo últimas tendências. Nem superwomans felizes com um trabalho assalariado estimulante, fogar brilhante e crianças a surrir.

Mas há grandes batalhas nestas fotografias. 
Luitas a vida ou morte. Resistências violentas.

As corajosas Rosa Parks ou Rosalia de Castro, Ulrike Meinhof, Pepa a Loba, todas as Maruxas do mundo. Estas som as indígenas de Galiza e Portugal.

A descripçom é duríssima. Realista. Algumhas vezes atopamos tam só os espaços. Inquietantes sombras das pegadas de todas as mulheres que passarom silenciosas.

A nai. O riso. O aguante. As armas.

Estám representadas diferentes idades, raparigas e velhas partilham trincheira. Mas a soidade é umha constante. Terrivelmente presente. Como a ferida que o patriarcado desgarra entre umhas e outras.

Silvia consegue de maneira nítida desenhar um campo de batalha desgarrador e universal. Desde o próximo. Desde a empatia conseguiu fixar a sua olhada em situaçons invisíveis ao objectivo hegemónico. E nom fixo falta ir a Nicaragua ou ao Congo para retratar mulheres em luita.

A câmara sitúa-se à distáncia exacta da retratada. Com imenso respeito. Guardando o anonimato, permitindo que fossem umha representaçom de todas as Maris deste lugar no mundo. Com comprensom. Sabendo-se mais umha. Algumhas destas mulheres estavam preocupadas no momento em que ela dispara. Algumhas estavam com pressa. Outras com impotência. Outras com alegria. Há quem estava coa regla. Há quem estava apaixonada."

CHARO LOPES, fotojornalista e ativista política.


Mulheres em luita - Silvia Mella from Silvia Mella on Vimeo.

24/10/13

Xoubanova na Coruña

“Alguén estivo aquí, alguén fixo isto. Aquí pasan cousas.”
Luis López Navarro
O segundo fin de semana de novembro volveremos estar no fantástico estudio de Zlick co fin de aprender algo novo á conta de Antonio M. Xoubanovaun dos membros do colectivo Blank Paper Fotografía.

Aquí vos deixo unha mostra do seu traballo máis coñecido, Casa de Campo, unha fábula fotográfica que nos invita a ser partícipes do que pasa aos arredores da urbe madrileña. O libro componse de cinco partes que falan do amor, da morte, dos acontecementos fugaces, dos símbolos e da desorietación.



"A casa de campo é un bosque no medio da cidade.  É unha illa chea de náufragos e turistas.  
















É un sitio estupendo para ir na procura de nada en concreto; para atopar cousas que non sabes que buscabas (...) 































É absolutamente horrible e bonito. É o meu lugar favorito para disparar. É un parque de feras e atraccións. É imprevisible. É un parque republicano onde hai un cerro no que din que soben as almas dos madrileños ao ceo cando morren. É un lugar perfecto en Madrid para intentar contar un conto máxico hiperrealista."









































Texto e fotos de Antonio M. Xoubanova

Querido diario

Fotos de Javier Izquierdo.












18/10/13

(Non) son de aquí

O que Gustavo Alemán fala de Murcia 
resulta o que quixera eu dicir das Neves. 
El di así: 

"A miña Murcia é un lugar grotesco e informe, inseguro sobre a súa identidade. Estas manifestacións surrealistas poden parecer bromas de mal gusto, porén máis alá da súa risa fácil late nelas o pouso amargo da confusión e o desexo de atopar un sentido ou un propósito (...)

Creo que estas estridencias falan tanto da desoladora crise económica do presente como do propio pasado. Oxalá que afrontar tales despropósitos mediante a esaxeración e o esperpento poida ofrecernos unha pequena vía de escape deses ciclos sen fin á vista.

Exorcismo, homenaxe, burla e investigación, (Non) son de aquí é un (auto)retrato, ao cargo dun dos seus confusos habitantes, dun lugar imposible, pero real..."

Gustavo Alemán