Mostrar mensagens com a etiqueta novas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta novas. Mostrar todas as mensagens

23/09/13

Ahmed e o seu fusil


Toda a vida chorando polas 3.000 persoas que morreron nas Torres Xemelgas e tan só un minuto de telexornal barato para as 100.000 persoas que morren e seguen morrendo cada día en Siria.

Foto: Sebastiano Tomada















Os medios de comunicación de masas definen un patrón informativo no que hai mortos bós e mortos malos. A solución americana non difire en absoluto da prosa vendida da prensa; semella o mundo unha partida de Risk na que o único problema é desfacerse das vísceras do conflito mediante a diferenza entre uns e outros mortos.

A unión da política coa leria conxúgase entre bombas que loitan contra armas químicas. Guerra e colonización. Mortos de bala, de bomba, de fame e dende o outro lado seres estáticos morrendo da risa.

Os pais de Ahmed están mortos tamén.



02/07/12

novas de última hora

-Hoxe soben os prezos da luz, o gas e o butano. 

-Entra en vigor o copago (en realidade repago) de medicamentos. 

-Hoxe tamén arde Valencia despois dun recorte do 14% no presuposto de prevención de incendios. 

-A Selección Española gaña a Copa de Europa.


09/05/12

luz online

Unha web onde crear efectos de luz propios dun estudio de fotografía.



Fragas arrasadas

Despois dos lumes que levaron por diante unha importante parte da biodiversidade do Parque Natural das Fragas do Eume o perigo permanece. Existe o proxecto dunha empresa mineira foránea de explotar un xacemento de andalucita a escasos kilómetros do Parque Natural. Unha sospeitosa coincidencia.

Aquí deixo unha curta documental sobre o tema.
Para máis información aquí

14/02/12

Grecia II

De olas de violencia, vandalismo e células antisistema falan os medios de DESinformación sobre a situación actual grega. Pola contra, non se fala abertamente dos dogmas neoliberales que impón a ditadura dos mercados travestida na Troika (FMI, BCE e UE). 





























Entre todos comeremos un suculento paquete de recortes sociais dos que milleiros de persoas se verán afectadas pola baixada do salario mínimo, a conxelación dos salarios, os despedimentos (masivos) cuasi gratuítos e a eliminación de servizos sociais.




12/02/12

Grecia

Un exemplo a seguir.

Angelos Tzortzinis
Panayiotis Tzamaros
Orestis Panagiotou




Simela Pantzartzi
Yiorgos Karahalis



Yannis Behrakis

































Máis imaxes aquí

18/01/12

Jeff Wall en Compostela II

Algo máis dun mes lle queda a Jeff Wall
en Santiago. The Crooked Path é un crisol
de obras de arte relacionadas entre sí a
través das imaxes do fotógrafo canadense.
Unha exposición que pechará as súas portas
o 26 de Febreiro.

















16/11/11

provocar e vender

Fotografías comerciais que teñen o seu aquel.
















Máis información da campaña:
http://unhate.benetton.com/campaign/china_usa/