13/09/14

L'inassolible

"Vivimos xuntos durante case vinte e sete anos 
e houbo bos e malos tempos. Os bos non son 
dignos de mención, xa que deixan un bo recordo; 
así como a respecto dos malos, só quero dicir que
son consciente de que moitas veces eran culpa miña. 

Recoñezo as miñas "neuroses", 
e por iso che pido que me perdoes; 
quizais os meus ciúmes, 
o meu desexo por que tiveras o mellor, 
a procura absurda da perfección á que
lle dediquei toda a miña vida (vaia erro)
fixeron que che pedise demasiado. 
Isto, obviamente, 
levounos á tensión que moitas veces 
era innecesaria e absurda." 

Texto do meu pai, Manel Guaus, tirado dunha carta que me escribiu cando marchei da casa no ano 1998, titulado "Pensamentos dun pai de 50 anos de idade". Fotos do álbum de fotos dos meus pais.

Fotos e texto: Roger Guaus.

















08/09/14

onde florecen as mimosas

Onde florecen as mimosas (antes chamado Mama
traza un recorrido a través do recordo. 

Procura lembrar unha nai que xa non está, 
a través de obxectos, persoas e momentos, 
que nos levan directamente a súa persoa. 

É unha homenaxe de Rita a súa nai Yolanda. 

É un intento de concentrar nun libro 
o seu universo familiar. 

Fotos e texto: Rita Puig Serra




04/09/14

marea neghra

"Ollade, irmáns e irmás labregas e mariñeiras, que os señoritos queren a reforma da Constitución para continuaren a tráxica hestoria de Hespaña, aferrollando os anceios liberaes e democráticos que se sinten nos povos diferenciados, porque somentes co uniformismo político lograrán repartir a fame e a miseria que eles producen n-estas terras de señorío semifeudal. 

Repartindo a fame e a miseria d-estas partes non se localiza tan ben a responsabilidade dos que a producen." 

Texto: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Fotos e video: Consuelo Bautista

02/09/14

botarse ó monte


  1. "Preocúpame o tema da liberdade íntima na sociedade moderna:

    1. Qué tan factible resulta estar etiquetada socialmente todo o tempo? 
    2. Na escola, no traballo, coa familia, coas amigas... Unha vez neste ciclo 
    3. vostede fica presa da súa propia posición, e ha de facer o que se supón 
    4. que vostede tén que facer. Vostede debe ser pragmática e forte ou senón
    5.  será unha paria ou unha tola. 

    6. Cómo manterse no medio de todo isto?

    Crieime no corazón da gran cidade porén sempre me sentín atraída pola vida salvaxe,  
  2. para min é o lugar onde podo esconderme e sentirme real, verdadeira, auténtica, 
  3. fóra de todo tipo de contexto social que me atribúa un significado."

  4. Fotos e texto: Danila Tkachenko