29/11/11

novas xeracións

Analizando os traballos de Jonas Bendiksen.

"Síntome atraído pola nova xeración 
que creceu despois da era Soviética, 
completamente distinta aos georgianos 
de hai só dez anos. Todos falan inglés
e compórtanse do mesmo xeito que a 
xente das capitais europeas.
É interesante o contraste entre todos 
eles e a historia da propia cidade de
Tbilisi, capital de Georgia."


Un limbo entre Europa e Asia.


Aquí unha galería de imaxes dos traballos:
-"Satellites, 1999-2005"
-"The places we live, 2005-2007"

Arbo

25/11/11

A morte de Kevin Carter

A fame é un tema delicado.















Cando unha foto coma esta gaña un Pulitzer
crease un enorme debate. A discusión crece
aínda máis se o fotógrafo dono da imaxe
non tarda máis de tres meses despois de
recibir o premio para suicidarse.

Kevin Carter morreu en Sudáfrica, o seu
país natal, na orela dun río, metido no
seu coche, escoitando música e respirando
monóxido de carbono.

Este é un documental sobre a súa morte:

24/11/11

Inauguramos!



































A nosa primeira
exposición conxunta.

Hoxe ás 20:00 horas
o alumnado da  Escola
de Arte e Superior de
Deseño Antonio Faílde
inauguramos o noso espazo
no Outono Fotográfico de
Ourense con nome propio:
Pas(e)n e vexan.

23/11/11

influencias e versións

As fotografías de Jonas Bendiksen 
contan historias de vidas alleas de 
xeito familiar e cotián. A forza das
imaxes reside no tratamento coidado
dos distintos tipos de vivencias que
retrata, nin están cheos de vítimas 
nin tampouco de glorias.

Son persoas sobrevivindo
vistas a través dunha mirada
moi dura.

As súas imaxes gústanme especialmente
polas dominancias de cor, polo uso
particular da distancia, polas súas
panorámicas, polas estranas miradas 
á cámara, pola recalificación do espazo
e por outras moitas cousas.

A xeito de proxecto persoal e ao mesmo
tempo como traballo de clase intentarei 
mirar como Bendiksen nas miñas propias 
ideas. Unha homenaxe ao fotógrafo. 

Irei subindo máis entradas.





a fotografía no cine

Resúltame moi interesante o traballo
de Matthew Libatique, Director de
Fotografía en filmes como por exemplo
Requiem for a dream ou Black Swan,
con este último foi nominado ó Oscar
á mellor fotografía no 2011.

21/11/11

Sentido do bo humor V

Robert Doisneau foi un dos grandes
fotógrafos das rúas de París ao igual
que Brassaï ou Atget. Segundo o propio
Doisneau, esta imaxe tomouna deambulando
por atmosferas marxinais parisinas e
pretende con ela parodiar ao home viril.

Dreams of a Tattooed man, 1952

20/11/11

estroboscopia

Harold E. Edgerton desenvolveu
a súa propia técnica do estroboscopio,
un procedemento co que fotografiou
a descomposición do movemento.
Fabricou o seu propio estroboflash
que emitía varios raios de luz a
unha determinada frecuencia de
tempo que se podía regular.

Estas son dúas das súas imaxes:

Football Kick, 1938

Back Dive, 1954

17/11/11

Arnold Newman

Un retrato cumpre como tal cando capta
a personalidade e non tanto a persoa.
Arnold Newman fai que coñezamos
así aos seus retratados.

Manuel Álvarez Bravo

Joan Miró


Man Ray

16/11/11

provocar e vender

Fotografías comerciais que teñen o seu aquel.
















Máis información da campaña:
http://unhate.benetton.com/campaign/china_usa/

15/11/11

Jeff Wall en Compostela



"The Crooked Path" do fotógrafo Jeff Wall
estará exposto no CGAC até o 26 de Febreiro.


Vintecinco traballos que van dende os setenta 
ata a actualidade pretenden amosar a lóxica
interna da súa obra xunto coas experiencias
estéticas que guían as súas decisións artísticas.


A exposición ofrece unha panorámica de conexións 
e oposicións existentes nunha selección de obras
de arte pertencentes a Marcel Duchamp, Diane Arbus,
Eugéne Atget, Bill Brandt ou Walker Evans, entre 
outros moitos.





Halsman e Dalí

"6 horas e 28 disparos despois, 
o resultado satisfaceu o meu desexo 
de perfección. Os meus axudantes e 
máis eu estabamos todos mollados, 
sucios e completamente cansos.
Tan só os gatos locían coma novos."

Philippe Halsman

















A muller de Halsman agarraba a cadeira
mentres varios axudantes tiraban ao 
aire auga e varios gatos. Os atrís e os
cadros estaban suxeitos con cordas de 
piano e Dalí saltaba no momento axeitado. 
Así e todo, o segredo da técnica nunca
poría en dúbida a beleza desta imaxe.

11/11/11

Crossings: US-Mexico

Durante vinteseis anos o fotógrafo Alex Webb
adicouse a documentar a zona fronteiriza entre
os Estados Unidos e Mexico.  A súa mirada fai
que pensemos case nun terceiro país de tránsito
continuo onde ambas as dúas partes se mesturan
establecendo lazos nos que non ten cabida unha
partición teórica do paso fronteirizo.






10/11/11

L’amour tout court

É un documental sobre Henri Cartier-Bresson
que inclúe a súa opinión sobre o taller de
fotografía de Klavdij Sluban nunha cadea
de menores da Europa do Este.

Esta é unha parte de L'amour tout court:


As fotos que acompañan forman parte
do traballo Prisons de Klavdij Sluban.






05/11/11

As cores de Bendiksen

The places we live é unha reportaxe sobre
a vida cotiá en catro barrios sitos en
Caracas, Nairobi, Mumbai e Jakarta.

Jonas Bendiksen fotografiounos co fin de coñecer
como algunhas persoas intentan normalizar a súa
situación nunhas condicións extremadamente difíciles.


As fotografías foron expostas a xeito de
reconstrucción das habitacións da xente.