07/10/14

a illa


"A illa de Jean Charles está a desaparecer no Golfo de México
A grava da estrada de 3 quilómetros que comunica á illa corróese 
lentamente coa auga salgada e crea bordos irregulares que deixan 
tan só unha pequena pista para ir dun lado ao outro. 

A illa é agora un terzo do tamaño que tiña cando as nativas/os 
americanas se estableceron alí en 1876. Foron empurradas a 
dirixirse cara o sur para evitaren a escravitude cando os 
primeiros exploradores alegaron que Louisiana era deles.

A día de hoxe, hai menos de cincuenta veciñxs afincadxs na illa. 
Os seus apelidos son Naquin, Dardar, Verdin, Chaisson ou Billiot
Liñaxes familiares moi profundas e entrelazadas."

Fotos e texto: Stacy Kranitz















Sem comentários:

Enviar um comentário