29/02/12

OS RAIANOS/AS

Unha reportaxe sobre a fronteira entre 
Galiza e Portugal na zona que comprende
a linde sita entre Salvaterra de Miño e 
Monçao

Fotos: Silvia Mella
*primeira revisión do proxecto














25/02/12


A familia

"As irmás Brown" é unha das series máis coñecidas do artista estadounidense Nicholas Nixon. O fotógrafo retratou á súa muller e ás súas cuñadas dende 1975 até á actualidade, dende a súa xuventude até a súa madurez, retratando tamén o paso do tempo e da vida.









24/02/12

COMA

Juan Diego Valera describe o seu libro como 
aquel fragmento do vital, 
o que está en permanente cambio e evolución,
en constante descomposición e desaparición.










22/02/12

Sentido do bo humor XV

cadernos de viaxe

Unha nova forma de facer reportaxes.

despois de Fukushima

O fotógrafo francés Jean Gaumy documentou o que foi o segundo Chernóbil acontecido no Xapón. Despois de que un tsunami provocado por un dos terremotos máis grandes da historia asolara gran parte do país, varias explosións xunto con fugas de radiación provocadas pola central nuclear de Fukushima -a consecuencia do anterior- encargáronse do resto.










20/02/12

2 and 1/4

O fotógrafo William Eggleston captura imaxes cheas de vida a través de espazos que nun primeiro momento semellan sen importancia.


William Eggleston // 2 and 1/4 from haveanicebook on Vimeo.

Máis libros aquí

Mai 68

As protestas masivas e a rebelión en prol do cuestionamento da sociedade fotografados por Bruno Barbey. Os tempos non cambian, a lo menos polo de agora.