Issui Enomoto é un taxista que tira fotos de Yokohama.
30/01/14
29/01/14
TULSA
"Nacín en Tulsa Oklahoma no 1943.
Cando tiña dezaseis anos empezei a meterme anfetas.
Metín cos meus amigos todos os días durante tres anos
e despois deixei a cidade, pero volvín ao pasar outros tantos.
Unha vez que a agulla entra nunca sae."
L.C.
Larry Clark // Tulsa from haveanicebook on Vimeo.

12/01/14
A.
Texto: Silvia Mella
Imaxes: Charles Chaplin en Tempos Modernos.
Din os máis lingoreteiros que A. é un tipo raro,
así como salvaxemente botado para adiante.
É un laretas, dálle ao barbo de seguido.
Mata o tempo enredando con calquera.
Repite as cousas un cento de veces.
Fala de alto e non ten reparo en
rascarse o nariz se lle pica.
Fica asombrado ante a xente que sabe moito
porque nunca se sabe todo.
Traballa para os ricos pero non quere saber deles,
só dos seus cartos.
Aos amigos non lles cobra o que aos ricos.
Tampouco teñen o mesmo coche.
Todo por teléfono e se non queren
que vaian a outro lado.
Mais sempre voltan.
Voltan porque prefiren non darlle cartos
a outros máis ricos ca eles,
entón dánlle esmolas aos probes.
Campión galego garda a súa xoia no garaxe.
Levoulle catro anos de traballo.
- "En canto está valorada?"
-"Non ten valor."

No entanto xa facía tempo que non coñecía
a ninguén coas ideas tan claras.
A. non é un tipo raro,
A. é a persoa máis normal que levo visto en anos.

07/01/14
06/01/14
Subscrever:
Mensagens (Atom)