28/03/13

10 anos

Dez anos en imaxes da fotógrafa Zoe Strauss que compoñen un retrato actual dos Estados Unidos.


































Máis imaxes aquí.

26/03/13

Libres

Na entrada de hoxe quixera tratar da xeración 
perdida da que fala moita xente. Unha xeración
formada e sen traballo que agroma baixo as teas
da explotación laboral para ofrecer unha cultura
libre.

Se tal non é unha xeración perdida no tocante á
súa perseverancia e traballo senon que permanece
perdida en apoio. Máis ben diría eu que se trata
dunha xeración abandonada.





















Así esta xeración abandonada -que non perdida-
da man da cooperatividade e a axuda mutua constrúe
novos camiños cos poucos medios dos que dispón conseguindo produtos de alta calidade que son
compartidos libremente entre os pobos.

Un exemplo entre tantas vítimas do abandono podería
ser o meu parente de xeración Alex Rodrigo, creador
da serie Libres. Un rapaz que admiro de forma tola
porque deu no cravo por duplicado ó facer unha serie
de xeito revolucionario que trata ao mesmo tempo da
revolución. 



08/03/13

Bitácora

"Isto é un rexistro do que fun, 
do que vin e do que sentín. 

Unha obsesión ligada ó desexo 
de posuír o aquí e o agora.”

Juan Diego Valera