Mostrar mensagens com a etiqueta Vigo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Vigo. Mostrar todas as mensagens

15/11/12

14-N

Cando un compañeiro te agrede por ser xornalista pensas... non pensas. Caes.

Por iso apenas teño fotografías da manifestación.
E por iso fun á folga. Porque por principios non
teño traballo. Nin soldo. Porque non traballo
contando merda por cincocentos euros ao mes.
Ao mellor o compañeiro agresor pensou que eu era a personificación dos medios de comunicación. O demo.
Pero simplemente son xornalista. Se mo deixan ser.

“Para a próxima revéntoche o equipo”

Qué equipo? Se tan só teño unha cámara.
E bastante me custou conseguila.
Non vivo fodéndoche a vida compañeiro.
Non todos somos iguais.
De todas formas graciñas compañeiro, grazas por non deixar de ser un lastre social, por non entender o que é a información, por non falar e por dar leccións de humildade a base de hostias.

Nunca pasei tanta vergoña, e ti?

























Imaxes de Vigo o 14 de novembro de 2012

10/10/12

O Mal de Vigo

Curta gañadora do concurso Vigo. Límite 36 h
como “Mellor Curta de Escola". O concurso consiste
en producir, rodar e montar unha curta cun límite
de horas de traballo e cun tema común, neste caso
a cidade olívica a través dos sentidos.

Noraboa aos gañadores!