16/03/15

Aberto até o amencer

"Paso moito tempo nas rúas e non tenho moita idea do que me vou atopar nelas así que estou moi aberto a todo tipo de experiencias. A capacidade que ten México de contar historias é enorme, ando por todas partes seguindo o meu olfacto e, aínda que ás veces me cite con algunhas persoas, do que realmente gosto é de conhecer á xente por aí sen saber que vai pasar. 

Penso que moitxs fotógrafxs tenhen un plan definido que ás veces interfire nas súas imaxes, están buscando o plan no canto de buscar cal é a súa relación co mundo porque a súa visión remata co plan. Open at noon fala deste tema. É moi aberto, literalmente, como abrir un libro físicamente ou abrir o diafragma da cámara, posúe unha interpretación moi libre."

Imaxes e texto de Mark Powell