15/11/12

14-N

Cando un compañeiro te agrede por ser xornalista pensas... non pensas. Caes.

Por iso apenas teño fotografías da manifestación.
E por iso fun á folga. Porque por principios non
teño traballo. Nin soldo. Porque non traballo
contando merda por cincocentos euros ao mes.
Ao mellor o compañeiro agresor pensou que eu era a personificación dos medios de comunicación. O demo.
Pero simplemente son xornalista. Se mo deixan ser.

“Para a próxima revéntoche o equipo”

Qué equipo? Se tan só teño unha cámara.
E bastante me custou conseguila.
Non vivo fodéndoche a vida compañeiro.
Non todos somos iguais.
De todas formas graciñas compañeiro, grazas por non deixar de ser un lastre social, por non entender o que é a información, por non falar e por dar leccións de humildade a base de hostias.

Nunca pasei tanta vergoña, e ti?

























Imaxes de Vigo o 14 de novembro de 2012

3 comentários:

  1. Nós nom somos responsáveis de ter que herdar tanta indecência. Nós nom somos as filhas das que venderom a voz; mas a gente nom tem porque sabe-lo. É compreensível que a gente nom saiba que a informaçom pode ser algo mais que lixo.

    Temos que recuperar a dignidade de um ofício que venderom sem o nosso consentimento. Para isso, eu no primeiro piquete estou coas maos ocupadas no mesmo que o resto das trabalhadoras. E no segundo. E no terceiro. Quando depois de várias greves todas sabemos que é cada quem, entom ganha-se o direito de levar, ademais das pedras, umha câmara na mao.

    Sinto muito que che pasara isso, Silvia. Imos mudar o conto.
    Um abraço grande, camarada do audiovisual.

    ResponderEliminar
  2. Non temos porque sabelo ninguén porén si deberiamos prestarnos a lo menos a pensalo, valorar o traballo do resto como se valora o dun mesmo. Un piquete por sí só non chegaría lonxe. Sen as manifestacións, sen a xente que pecha o seus negocios, sen aqueles que se enfrontan aos seus xefes, sen aqueles que fan os cartaces da greve, sen aqueles que difunden o que pasa e o que pasou. Todos loitamos por todos e con todos. Por iso somos un colectivo, somos xente, non estamentos. Non hai mellores nin peores. Todos somos iguais.

    Entendo a súa reacción nun primeiro momento. Eu tamén faría o mesmo. O que pasou despois non tivo razón de ser. Non se ameaza físicamete a unhas compañeiras que te acompañan dende hai anos a canta manifestación, xuizo ou asamblea hai.

    Menos mal que os contos xa hai tempo que están mudando...

    Saúde moza, outro abrazo grande para ti.

    ResponderEliminar
  3. Eu so digo: que ben escribides camaradas! XD da gusto lervos!

    ResponderEliminar