13/08/14

mar de plástico

Indo en coche pola A-7
verás con claridade unha
manta branca de polietileno
que se mestura co mar Mediterráneo.

A produción en masa de verduras
para os mercados do norte de Europa
moldeou drasticamente a paisaxe da rexión.

Almería é un dos principais puntos de chegada
de inmigrantes dende África que teñen que soportar
condicións extremas de traballo e vida; a maioría vén
de navegar nun mar asasino só para prenderse na
burocracia das regras da inmigración neste labirinto
de plástico branco.

Fotos e texto: Reinaldo Loureiro






















Sem comentários:

Enviar um comentário