17/12/13

A hipocrisía é transgresora

Vai alén dos tempos e dos dominios. 
































Descoñecemos por completo ás que lles 
chamamos heroínas ou heroes e iso máis 
que un xeito de amor é unha forma de desprezo. 

Toda persoa que sexa transgresora será xulgada 
polas outras persoas da súa época como radical, 
vaga, terrorista, obsesa, tola e se ten sorte  
como rebelde. Porén co paso dos anos esa persoa
recordarase pola súa loita contra o poder e pasará 
a ser un mito, o cal se cadra dá máis noxo aínda. 

No entanto o bucle permanece e nós seguimos xulgando. 
Somos ovellas brancas en contraposición ás negras. 
Tan brancas e puras como as ovellas que desfilaron sorrintes no enterro da ovella negra. 

Ovellas políticamente correctas.

Mandela e Fidel foron da man durante moito tempo. 
Loitaron xuntos contra exércitos financiados polos ianquis pero coa morte todo cambia (coa morte de milleiros de persoas non, só con mortes importantes). 

Obama famento de gloria hipócrita presentouse coas 
outras bestas do star system ao funeral de moda. 
Que acto tan bonito e inútil. Tan inútil como penar
a morte de Mandela o pacifista. Pacifista a cona! 
Iso é o que as ovellas brancas lles retransmiten 
ás potenciais ovellas negras. 

Sentímonos humilladamente realizadas mercando trapalladas que non precisamos, traballamos unha morea de horas alimentando o becho dos cartos e a besta transgresora. Sentamos no sofá mentres tecleamos no noso smartphone de última xeración. 

O caso é que o inimigo nunca é pacifista. 
Máis ben é transgresor, como a hipocrisía.

Susan Sontag tamén morreu. 
Adorada polos americanos contemporáneos,
esta recoñecida teórica da fotografía foi sempre
unha idiota, traidora e marioneta de Sadam.

E antipatriota. Sobre todo antipatriota.

Osama Bin Sontag dicíanlle algunhas. 















Todo por denunciar as mortes que causaba o belicismo esaxerado do seu país nas outras partes do mundo. Os Estados Unidos de América sempre coas súas ansias magnas de dominio, ansias de control napoleónico. Ansias que Europa ansía. Ansias que viven grazas ao pacifismo das persoas. Ao pacifismo e aos cartos, sobre todo grazas aos cartos das persoas. 

Dentro dun mes será o aniversario da morte de Sontag. As cabeceiras dos xornais petarano cos seus artigos e a xente fará o propio nas redes sociais. 

E así seguiremos transgredindo.

Texto: Silvia Mella.
Fotos: Annie Leibovitz.

Artigos de interese:
La pupila insomne, Lo censurado: Fidel y Mandela.

Sem comentários:

Enviar um comentário