Modelos,
raíñas,
actores,
cantantes,
princesas,
músicos,
futbolistas,
presidentes,
actrices...
Celebrities.
As fotografías de Kenji Hirasawa foron tomadas cunha cámara térmica en museos de cera. Son fotos de xente sacándose fotos cunha figura que representa a outra persoa que ten máis de personaxe que de persoa.
Nunca o culto aos soños foi tan explícito como nestas imaxes, fotos que falan das persoas e as personaxes, do real e o idealizado, da verdade e a mentira, do aburrido e o sensacional, do fanatismo e a ignorancia.
Sem comentários:
Enviar um comentário