12/07/12

Un americano en Deleitosa

Durante os anos cincuenta Eugene Smith traballou en Extremadura. 

Coas fotos que tirou en Deleitosa denunciou a crueza e a represión do réxime franquista nunha reportaxe que foi publicada hai máis de 60 anos na revista Life. Cunha ollada á revista un californiano namorouse de Josefa, carteouse con ela  e cambiou por completo a vida da muller. Pero el non ten nin idea. 

Esta historia e moitas outras cóntanse en El americano de Deleitosa, un documental que compara o presente e o pasado dun pobo de Cáceres a través das imaxes do reporteiro Eugene Smith. Un documental sobre a xente e a fotografía.






Sem comentários:

Enviar um comentário