Na postguerra, Don Celidonio ascendeu
de porco a marrán e chegou a ser alcalde. [...]
Don Celidonio é gordo e artrítico.
O carrolo sáelle para fóra;
na calva ten unha que outra serda;
ten as fazulas hipertrofiadas,
da cor do magro do xamón,
e tan lustrosas,
que semellan que botan unto derretido;
ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo,
e no vran súdao en regueiros aceitosos
e en pingotas bastas,
coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxumento o corpo,
tamén o miolo de Don Celidonio.
Se lle escachasen a testa,
tiña que ser con pau-ferro e picaraña,
en lugar dunha sesada había atopar un unto.
Corpo e alma,
tanto ten,
todo é graxa e manteiga.
Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra:
carne e espírito son a mesma zorza,
misturada e revolta,
co mesmo adubo de ourego e pemento).
Texto: O Porco de pé de Vicente Risco.
Fotos: Silvia Mella.
ahahahahaha!!! XD
ResponderEliminar