31/03/12

fotógrafos que fan videoclips

O fotógrafo norteamericano Roger Ballen vive en Sudáfrica dende os anos setenta. Dos noventa en diante deixa a un lado a súa etapa documental e tira fotografías surreais e estranas a xeito dunha busca introspectiva persoal. Son imaxes protagonizadas por obxectos e personaxes en ambentes sórdidos e escuros que tratan de eliminar as lindes entre o real e a ficción. A angustia faise dona dos seus retratos que amosan persoas e animais en espazos que semellan ser celdas. 




















A Sudáfrica tamén pertence Die Antwoord, un grupo de música que se move entre o hip hop e a música electrónica con toques de humor absurdo e letras salvaxes.

Roger Ballen e Die Antwoord traballaron xuntos na realización dun clip musical, eiquí o resultado:

Sem comentários:

Enviar um comentário