16/07/12

xente que come negativos

Luke Evans e Joshua Lake tiveron a idea de tragar cadansúa peza de película de 35 mm para revelala unha vez fora desbotada polo corpo. 

E así foi, estes son os curiosos resultados:
















Para ler máis pinchar aquí

A boca da noite

Algunhas das fotografías de Alex Webb sobre Paraguay.











12/07/12


Un americano en Deleitosa

Durante os anos cincuenta Eugene Smith traballou en Extremadura. 

Coas fotos que tirou en Deleitosa denunciou a crueza e a represión do réxime franquista nunha reportaxe que foi publicada hai máis de 60 anos na revista Life. Cunha ollada á revista un californiano namorouse de Josefa, carteouse con ela  e cambiou por completo a vida da muller. Pero el non ten nin idea. 

Esta historia e moitas outras cóntanse en El americano de Deleitosa, un documental que compara o presente e o pasado dun pobo de Cáceres a través das imaxes do reporteiro Eugene Smith. Un documental sobre a xente e a fotografía.






11/07/12

sobre o verán

Na minha casa nunca tivemos piscina. 
Foto: Silvia Mella


fodidxs



















-Sobe o IVE dun 18 até un 21%.

- As  casas mercadas a partir do 2013 non serán desgravadas.

-Ao medio ano os parados cobrarán o 50% da súa paga, nin sequera o triste 60% de antes.

-Xubilación aos 67 anos cunha suba de anos de cotización e un maltrato das prexubilacións.

-Reducción dos días de libre disposición dos empregados públicos que tampouco terán paga de Nadal.

-Recórtase o número de liberados sindicais.

-Sácaselle outro 20% ás subvencións para sindicatos, partidos políticos e patronal.

-Non haberá bonificacións á contratación.

-Haberá Hispabonos cos que o Estado Español se convirte nunha especie de mini-Europa que lle compra deuda ás Comunidades Autónomas.

-Eliminación dalgunhas competencias que tiñan os Concellos.

-Suba dos impostos medioambientais xunto cos do tabaco e o alcohol.

-E para a semana poderanse privatizar as televisións autonómicas.
















Máis info aquí






02/07/12

novas de última hora

-Hoxe soben os prezos da luz, o gas e o butano. 

-Entra en vigor o copago (en realidade repago) de medicamentos. 

-Hoxe tamén arde Valencia despois dun recorte do 14% no presuposto de prevención de incendios. 

-A Selección Española gaña a Copa de Europa.


27/06/12

o cine e as ideas

Un documental sobre o choque entre o cine anarquista da Segunda República e a Guerra Civil. Un cine oculto até o 1977. Nel pódese ver como se producen diversos acontecementos dignos de coñecer e restablecer:

-Socialización da industria do cine.
-Reconversión do hotel Ritz nun comedor público.
-Elaboración de telexornais de retagarda.
-Creación dun cine proletario, precedente do neorrealista, contrario ao americano famoso por ser o narcótico do pobo.
-Exaltación da dignidade das persoas.
-Colectivización de terras entregadas aos traballadores do campo.
-Denuncia da explotación sexual da muller.