14/02/16

A avoa e mais eu

Este traballo está construído sobre o núcleo da relación entre a minha avoa e mais eu, o noso lazo a través das imaxes. A casa e o corpo son as coordenadas que o estruturan, e a fotografía é o medio que nos permite fixar a mirada, deixar que os demais entren no noso mundo. A través de imaxes e textos trato de falar da memoria, a herdanza persoal e cultural e sobre todo falar da fotografía como unha forma de explorar a identidade. 

Fotos e textos: ANA CASAS BRODA

Viena (1996)

A casa está nos seus últimos días. Está aquí unha companhía que o leva todo. Quitaron a maioría dos mobles, rompéronos con machadas, disque xa non tenhen valor. Retrato todo porque non quero perderme ningún detalle. Quero despedirme cos ollos ben abertos.























Viena (1995)

Volvín fai uns días a Viena. Omana terá que deixar a casa este verán, ten 85 anos e xa non pode vivir soa. Cando chamamos á minha nai sempre está moi nervosa e fai plans. Onte falou de levala a México. Polo tono de voz de Omana sinto que quere quedar.















Entre os papeis atopei unha carta. Despois da guerra a minha avoa enviábanlle as cousas dunha muller chamada Grete Neumann. A avoa díxome que era a irmá do seu primeiro marido. Había moitas fotos dela e da súa filla. Comecei a preguntarlle sobre iso. No tremor da súa voz souben que estaba emocionada, e que ninguén lle perguntara nada en moitos anos.










Durante anos a minha avoa tirou fotos de todo. Era a súa maneira de estar presente. Dicíalle o meu avó: Toma unha máis, por se acaso. Os domingos ela pasaba diapositivas mentres el quedaba durmido.


















En 1963 o meu avó dixo que ía por tabaco e nunca volveu. Foise con outra muller. A avoa quedou soa na casa coa bisavoa de 92 anos. A minha nai contoume que foi ela a que lle axudou a marchar. Pouco despois ela tamén marchou a estudar a Londres. A minha avoa quedou soa e seguiu tirando fotos da casa, das flores do xardín e do meu avó cando saía pola televisión.































Aos 18 anos inscribínme nunha escola de fotografía. Tirar fotos converteuse nunha obsesión.

Fotografieime espida e anotei os meus kilos xunto todo o que comía, fixen uns cadernos de dietas. Se era capaz de construir un corpo tamén construiría unha identidade.


Viena (1991)

Hoxe a minha nai deixou que a fotografara na banheira.























Esperei a que estivésemos soas para pedirlle a minha avoa uns retratos espida.






05/02/16

do íntimo XXIV

Hoxe na que foi a minha habitación cando era nena.
Despois foi a da minha irmá.

Agora é o novo cuarto da minha avoa.
Hai corenta anos era un cortello.

Foto: Silvia Mella


27/01/16

Ares da raia

“Vendo-os assim tão pertinho,
a Galiza mail’ o Minho,
são como dois namorados
que o rio traz separados
quasi desde o nascimento.

Deixal-os, pois, namorar
já que os paes para casar
lhes não dão consentimento.”

(João Verde, 1866-1934)


“Se Dios os fixo de cote
um p’ra outro e teñem dote
em terras emparexadas,
pol’a mesma auga regadas
com ou sem consentimento
d’os pais o tempo a chegar
em que teñam que pensar
em facer o casamento.”

(Amador Montenegro Saavedra, 1864-1932)

*FotosSilvia Mella
**Reportaxe completa publicada no nº1 da revista CALEIDOSCÓPICA












Marlow's Galiza

Peter Marlow na terra dos toxos.


















04/12/15

Olá Caleidoscópica!

"O nosso caleidoscópio é made in Galiza. A olhar em horizontal o mundo; porque não é melhor Nova Iorque do que Compostela, por ter a Fashion Week, nem A Corunha do que Ramala por ter a Ikea. Trabalhamos daqui porque foi aqui que nascemos, e de onde podemos contar as histórias da humanidade, sem necessidade de ir para  Macau ou o Senegal na procura do exótico. Se formos para a Índia fazer uma reportagem, irá ser uma história em terceira pessoa, as fotos de mais uma ocidental a sentir fascínio pela Índia, não de uma indiana." *fragmento do editorial do Caderno de fotografía nº1 da revista Caleidoscópica