06/01/13

Amor á esquerda II

Nan Goldin amosa nas súas instantáneas o que foi a súa vida e a dos seus amigos e amigas. Son fotografías que falan dunha vida chea de excesos, o abuso das drogas, o sexo descontrolado, o sida, a abstinencia e a vida nocturna. 

Ela non é unha voyeurista, ela é partícipe do seu propio documental.

"Creo que cada persoa debería crear a partir do que coñece e falar sobre a súa propia tribu. Só podes narrar con verdadeira comprensión e empatía sobre o que experimentaches.” 

Nan Goldin



 








1 comentário: