O domingo pasado celebrouse a III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro. Nin eucaliptos, nin eólicos, nin trituradoras, nin vertedoiros de lixo, nin asfaltado, nin canteiras, nin nada.
Despois dos lumes que levaron por diante unha importante parte da biodiversidade do Parque Natural das Fragas do Eume o perigo permanece. Existe o proxecto dunha empresa mineira foránea de explotar un xacemento de andalucita a escasos kilómetros do Parque Natural. Unha sospeitosa coincidencia.