22/02/13

Fashion Victim

"A fin das cotas sobre o comercio de roupa entre 
diversos países provocou grandes cambios na paisaxe global de negocios:















(...) A industria textil representa unha fonte vital de ingresos para os países en desenvolvemento, porén os dereitos laborais das obreiras permanecen exentos destes negocios. 

En Bangladesh, por poñer un exemplo:
-a meirande parte das horas extras non se pagan 
-os sindicatos independentes están prohibidos
-as traballadoras non están aseguradas 
-poden ser despedidas sen compensación algunha
















Por outra banda, en Europa e os Estados Unidos estanse a perder miles de empregos. Durante a década dos setenta había 2,4 millóns de traballadoras no sector téxtil en Estados Unidos. No 2000 máis do 40% destes postos de traballo non existen.”

Fernando Moleres, fotógrafo vasco especializado nos dereitos humanos.










21/02/13

taller con Gabriel Brau

O fotógrafo catalán Gabriel Brau impartirá un
cursiño sobre a captura, procesado, tratamento
e impresión da imaxe mediante programas como
Camera Raw 7, Photoshop CS6 e Lightroom 4 de
Adobe.

O cursiño celebrarase os próximos 15, 16 e 17
de marzo no colexio Hogar de Vigo.

Para matricularse aquí










11/02/13

Mara 18

O fotógrafo Christian Poveda morreu sendo un mara,
ou algo así. E deixounos este gran filme.



Un documental sobre os nenos e nenas de San Salvador que buscan abeiro nas pandillas nadas na rúa. Pandillas que están en constante guerra entre elas. 

Un bo traballo audiovisual no que o espectador convive cos centos de pequenos e pequenas da Mara 18 durante algo máis dunha hora. 

A selección de imaxes corre a cargo de Poveda porén o reporteiro permítelle ao espectador tirar as súas propias conclusións. Sen explicacións e sen moitos textos informativos. Sen resumos e sen aclaracións de ningún tipo. Sen principio e sen fin.







Grande Fabbrica

Segunda parte en imaxes do día de rodaxe.