01/04/13

Vivindo nas sombras

Como é ser negro en Australia, ou algo semellante.

O fotógrafo David Maurice Smith trata o tema da colonización na actualidade vixente. A comunidade aborixe australiana de Wilcannia esténdese en cidades de non máis de setecentas persoas onde a esperanza media de vida é de tan só trinta e cinco anos. 

"A loita contra a situación deplorábel das aborixes australianas tornouse nunha batalla silenciosa: a voz das oprimidas e dos oprimidos repártese en xeracións de sufrimento e dor. O feito de que agromen aínda anacos da súa cultura é unha proba da capacidade de resistencia desta xente que me animou dende un primeiro momento a documentar fotográficamente a súa situación.”

David Maurice Smith, fotógrafo da Axencia Vu.









Sem comentários:

Enviar um comentário