carnada (substantivo)
1: cebo, cebo vivo.
2: reclamo, trampa.
"Pobre México, tan lonxe de Deus e tan cerca dos Estados Unidos."
Mostrar mensagens com a etiqueta cine. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta cine. Mostrar todas as mensagens
01/10/14
12/01/14
A.
Texto: Silvia Mella
Imaxes: Charles Chaplin en Tempos Modernos.
Din os máis lingoreteiros que A. é un tipo raro,
así como salvaxemente botado para adiante.
É un laretas, dálle ao barbo de seguido.
Mata o tempo enredando con calquera.
Repite as cousas un cento de veces.
Fala de alto e non ten reparo en
rascarse o nariz se lle pica.
Fica asombrado ante a xente que sabe moito
porque nunca se sabe todo.
Traballa para os ricos pero non quere saber deles,
só dos seus cartos.
Aos amigos non lles cobra o que aos ricos.
Tampouco teñen o mesmo coche.
Todo por teléfono e se non queren
que vaian a outro lado.
Mais sempre voltan.
Voltan porque prefiren non darlle cartos
a outros máis ricos ca eles,
entón dánlle esmolas aos probes.
Campión galego garda a súa xoia no garaxe.
Levoulle catro anos de traballo.
- "En canto está valorada?"
-"Non ten valor."
Din os máis lingoreteiros que A. é un tipo raro,
así como salvaxemente botado para adiante.
No entanto xa facía tempo que non coñecía
a ninguén coas ideas tan claras.
A. non é un tipo raro,
A. é a persoa máis normal que levo visto en anos.

13/12/13
USA por capítulos
Un día calquera o cineasta Oliver Stone
aparcou os filmes e decidiu contar o que
el considera a verdadeira historia dos seus
queridos pero opresores Estados Unidos,
e así o fixo.
Creou unha serie de dez capítulos que
distan moito das versións oficiais e do
que aprendemos na escola.
1. A Segunda Guerra Mundial.
2. Roosvelt, Truman e Wallace.
3. A bomba.
4. A guerra fría.
5. Os 50. Einsenhower e a bomba.
6. JFK, ao borde do abismo.
7. Johnson, Nixon e Vietnam.
8. Reagan.
9. Bush e Clinton.
10. Bush e Obama, a era do terror.

02/12/13
Le Havre
"Como este mundo é tan terrible
quitáronseme as ganas de facer películas tristes".
Aki Kaurismäki
Un escritor que limpa botas e un neno
que chega a Francia nun contedor
son os protagonistas desta historia.
quitáronseme as ganas de facer películas tristes".
Aki Kaurismäki
Un escritor que limpa botas e un neno
que chega a Francia nun contedor
son os protagonistas desta historia.
27/11/13
lume en Castilla
A relixión como xugo.
José Val del Omar fixo este filme
a finais dos anos cincuenta.
Fuego en Castilla from ▒█▀█▀█ █░░ on Vimeo.
José Val del Omar fixo este filme
a finais dos anos cincuenta.
Fuego en Castilla from ▒█▀█▀█ █░░ on Vimeo.
19/11/13
A matanza
Gritou o porco.
-"Imaxino que non pensaredes que nós, os porcos,
estamos facendo isto de xeito egoísta e privilexiado.
Moitos de nós sentimos aversión cara o leite e as mazás.
A min persoalmente non me gustan.
O noso único obxectivo comendo eses alimentos é coidar da nosa saúde. O leite e as mazás (isto foi probado pola ciencia camaradas) conteñen substancias absolutamente necesarias para a saúde do porco.
Nós, os porcos, traballamos co cerebro.
Todo o manexo e organización da granxa depende de nós.
Día e noite procuramos a vosa felicidade.
Polo voso ben nós comemos o leite e as mazás".
Fotos: Silvia Mella
Texto: Revolta na granxa, George Orwell
26/03/13
Libres
Na entrada de hoxe quixera tratar da xeración
perdida da que fala moita xente. Unha xeración
formada e sen traballo que agroma baixo as teas
da explotación laboral para ofrecer unha cultura
libre.
Se tal non é unha xeración perdida no tocante á
súa perseverancia e traballo senon que permanece
perdida en apoio. Máis ben diría eu que se trata
dunha xeración abandonada.
Así esta xeración abandonada -que non perdida-
da man da cooperatividade e a axuda mutua constrúe
novos camiños cos poucos medios dos que dispón conseguindo produtos de alta calidade que son
compartidos libremente entre os pobos.
Un exemplo entre tantas vítimas do abandono podería
ser o meu parente de xeración Alex Rodrigo, creador
da serie Libres. Un rapaz que admiro de forma tola
porque deu no cravo por duplicado ó facer unha serie
de xeito revolucionario que trata ao mesmo tempo da
revolución.

11/02/13
Mara 18
O fotógrafo Christian Poveda morreu sendo un mara,
ou algo así. E deixounos este gran filme.

ou algo así. E deixounos este gran filme.
Un documental sobre os nenos e nenas de San Salvador que buscan abeiro nas pandillas nadas na rúa. Pandillas que están en constante guerra entre elas.
Un bo traballo audiovisual no que o espectador convive cos centos de pequenos e pequenas da Mara 18 durante algo máis dunha hora.
A selección de imaxes corre a cargo de Poveda porén o reporteiro permítelle ao espectador tirar as súas propias conclusións. Sen explicacións e sen moitos textos informativos. Sen resumos e sen aclaracións de ningún tipo. Sen principio e sen fin.

23/01/13
O home que nunca estivo alí
O home que nunca estivo alí posúe unha
linguaxe fotográfica construída en base
ós sentimentos do protagonista, sempre
tan distante, que se resolve cunha
película introvertida en branco e negro
na que as imaxes contan máis que os
propios diálogos.

07/01/13
10/10/12
O Mal de Vigo
Curta gañadora do concurso Vigo. Límite 36 h
como “Mellor Curta de Escola". O concurso consiste
en producir, rodar e montar unha curta cun límite
de horas de traballo e cun tema común, neste caso
a cidade olívica a través dos sentidos.
Noraboa aos gañadores!
20/09/12
Moby Dick
En 1954 o fotógrafo de Magnum Erich Lessing tirou fotografías durante a rodaxe do filme da balea máis coñecida da historia.

1956 - Moby Dick - John Huston por Altanisetta

1956 - Moby Dick - John Huston por Altanisetta
27/06/12
o cine e as ideas
Un documental sobre o choque entre o cine anarquista da Segunda República e a Guerra Civil. Un cine oculto até o 1977. Nel pódese ver como se producen diversos acontecementos dignos de coñecer e restablecer:
-Socialización da industria do cine.
-Reconversión do hotel Ritz nun comedor público.
-Elaboración de telexornais de retagarda.
-Creación dun cine proletario, precedente do neorrealista, contrario ao americano famoso por ser o narcótico do pobo.
-Exaltación da dignidade das persoas.
-Colectivización de terras entregadas aos traballadores do campo.
-Denuncia da explotación sexual da muller.
22/05/12
Gato negro gato branco
Un filme de Emir Kusturica que goza dunha boa fotografía acompañada dunha banda sonora moi característica.

14/02/12
03/01/12
a fotografía e o cine II
Bo traballo o de Félix Monti a respecto da
fotografía no filme El secreto de sus ojos,
de Juan José Campanella.
Non posúe unha grandísima historia,
porén quixera destacar os seus diálogos e
sobre todo a fotografía, obviamente.
fotografía no filme El secreto de sus ojos,
de Juan José Campanella.
Non posúe unha grandísima historia,
porén quixera destacar os seus diálogos e
sobre todo a fotografía, obviamente.
07/12/11
O cine: arte colectiva
A fotografía e o cine van da man dende
o seu nacemento. Visions of light é un
documental datado no ano 1992 que revisa
os momentos de agravio polos que pasou a
historia da cinematografía até a década
dos 90.
Aquí deixo un enlace de descarga con
subtítulos.
o seu nacemento. Visions of light é un
documental datado no ano 1992 que revisa
os momentos de agravio polos que pasou a
historia da cinematografía até a década
dos 90.
subtítulos.
23/11/11
a fotografía no cine
Resúltame moi interesante o traballo
de Matthew Libatique, Director de
Fotografía en filmes como por exemplo
Requiem for a dream ou Black Swan,
con este último foi nominado ó Oscar
á mellor fotografía no 2011.
de Matthew Libatique, Director de
Fotografía en filmes como por exemplo
Requiem for a dream ou Black Swan,
con este último foi nominado ó Oscar
á mellor fotografía no 2011.
Subscrever:
Mensagens (Atom)

+04.jpg)