Skaters de Uganda.
Fotos: Yann Gross
Mostrar mensagens com a etiqueta Africa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Africa. Mostrar todas as mensagens
25/09/15
06/02/14
Flamboya
-"A única que estaba cansa era eu.
Estaba cansa de ceder".
Dixo Rosa Parks despois de negarlle
o asento do autobús a un branco.
Foi arrestada, multada e xulgada.
Como resposta, os negros deixaron de coller o autobus durante algo máis dun ano e conseguiron a fin da segregación racial no transporte público.
Fotos*: Viviane Sassen.
*todas menos a primeira.


Viviane Sassen // Flamboya from haveanicebook on Vimeo.
Estaba cansa de ceder".
Dixo Rosa Parks despois de negarlle
o asento do autobús a un branco.
Foi arrestada, multada e xulgada.
Como resposta, os negros deixaron de coller o autobus durante algo máis dun ano e conseguiron a fin da segregación racial no transporte público.
Fotos*: Viviane Sassen.
*todas menos a primeira.
![]() |
| Rosa Parks arrestada pola policía de Alabama (1956) |


Viviane Sassen // Flamboya from haveanicebook on Vimeo.
17/12/13
A hipocrisía é transgresora
Vai alén dos tempos e dos dominios.
Descoñecemos por completo ás que lles
chamamos heroínas ou heroes e iso máis
que un xeito de amor é unha forma de desprezo.
Toda persoa que sexa transgresora será xulgada
polas outras persoas da súa época como radical,
vaga, terrorista, obsesa, tola e se ten sorte
como rebelde. Porén co paso dos anos esa persoa
recordarase pola súa loita contra o poder e pasará
a ser un mito, o cal se cadra dá máis noxo aínda.
No entanto o bucle permanece e nós seguimos xulgando.
Somos ovellas brancas en contraposición ás negras.
Tan brancas e puras como as ovellas que desfilaron sorrintes no enterro da ovella negra.
Ovellas políticamente correctas.
Mandela e Fidel foron da man durante moito tempo.
Loitaron xuntos contra exércitos financiados polos ianquis pero coa morte todo cambia (coa morte de milleiros de persoas non, só con mortes importantes).
Obama famento de gloria hipócrita presentouse coas
outras bestas do star system ao funeral de moda.
Que acto tan bonito e inútil. Tan inútil como penar
a morte de Mandela o pacifista. Pacifista a cona!
Iso é o que as ovellas brancas lles retransmiten
ás potenciais ovellas negras.
Sentímonos humilladamente realizadas mercando trapalladas que non precisamos, traballamos unha morea de horas alimentando o becho dos cartos e a besta transgresora. Sentamos no sofá mentres tecleamos no noso smartphone de última xeración.
O caso é que o inimigo nunca é pacifista.
Máis ben é transgresor, como a hipocrisía.
Susan Sontag tamén morreu.
Adorada polos americanos contemporáneos,
esta recoñecida teórica da fotografía foi sempre
unha idiota, traidora e marioneta de Sadam.
E antipatriota. Sobre todo antipatriota.
esta recoñecida teórica da fotografía foi sempre
unha idiota, traidora e marioneta de Sadam.
E antipatriota. Sobre todo antipatriota.
Osama Bin Sontag dicíanlle algunhas.
Todo por denunciar as mortes que causaba o belicismo esaxerado do seu país nas outras partes do mundo. Os Estados Unidos de América sempre coas súas ansias magnas de dominio, ansias de control napoleónico. Ansias que Europa ansía. Ansias que viven grazas ao pacifismo das persoas. Ao pacifismo e aos cartos, sobre todo grazas aos cartos das persoas.
Dentro dun mes será o aniversario da morte de Sontag. As cabeceiras dos xornais petarano cos seus artigos e a xente fará o propio nas redes sociais.
E así seguiremos transgredindo.
Texto: Silvia Mella.
Fotos: Annie Leibovitz.
Artigos de interese:
Pikara Magazine, Susan Sontag: El poder de la transformación.
La pupila insomne, Lo censurado: Fidel y Mandela.
Subscrever:
Mensagens (Atom)



















