"As irmás Brown" é unha das series máis coñecidas do artista estadounidense Nicholas Nixon. O fotógrafo retratou á súa muller e ás súas cuñadas dende 1975 até á actualidade, dende a súa xuventude até a súa madurez, retratando tamén o paso do tempo e da vida.
O fotógrafo francés Jean Gaumy documentou o que foi o segundo Chernóbilacontecido no Xapón. Despois de que un tsunami provocado por un dos terremotos máis grandes da historia asolara gran parte do país, varias explosións xunto con fugas de radiación provocadas pola central nuclear de Fukushima -a consecuencia do anterior- encargáronse do resto.
As protestas masivas e a rebelión en prol do cuestionamento da sociedade fotografados por Bruno Barbey. Os tempos non cambian, a lo menos polo de agora.