30/12/11

in India

Conxunto de imaxes tomadas por Martin Parr
na India entre os anos 1984 e 2009.





fotografiar do natural

"Para significar o mundo hai que sentirse
implicado co que o visor destaca. Esta
actitude esixe concentración, disciplina
do espírito, sensibilidade e sentido da
xeometría. A simplicidade da expresión
conséguese mediante unha gran economía
de medios. Hai que fotografar partindo
sempre dun gran respecto polo tema e por
un mesmo.

A anarquía é unha ética."

Henri Cartier-Bresson








29/12/11

persoas grises

"Ten o pelo branco, todo revolto.
Un bigote inmenso, xirado cara arriba.
Un tic na nariz, como se o peso das gafas lle obrigase a levantalas de vez en cando.
Un fruncemento de cellas que pode parecer incredulidade ou sorpresa repentina."

Laura Terré sobre Ramón Masats

"Os fotógrafos aseméllanse na súa forma de vestir e incluso no seu aspecto físico: somos persoas grises, do montón. Os fotógrafos (...) temos que pasar desapercibidos e non chamar a atención. Cando eu facía fotos non me podería permitir estes pelos. Agora que son vello descoideime un pouco... pero sigo pensando que un fotógrafo que queira traballar na rúa non se pode permitir que a xente xire e diga: mira por alá vai."

Ramón Masats




Ponte de Lima

20/12/11

O cotián de Hara

A través das festas populares,
por exemplo, Cristobal Hara
amósanos o estilo de vida das
persoas que retrata.

"Gústame facer experimentos formais,
facer que sexa o vacío o centro da 
foto, ou non ensinar os rostros dos
protagonistas".







12/12/11

cara a cara

No ano 2005 J.R. viaxou ó Oriente Medio
para levar a cabo o seu proxecto Face2Face.
Retratos cómicos de palestinos e israelís en
ambas as dúas partes dos seus muros. 



"Nun contexto delicado, 
temos que ser claros"








08/12/11

Sentido do bo humor VII


Na terra dos lobos ouvea coma eles.

Ricardo Cases ten un punto de ironía
feroz en todas as súas reportaxes,
nesta sobre todo. 



















O seguinte video é unha entrevista ao 
fotógrafo no que fala del mesmo e dos
seus intereses, defínese como fotógrafo 
daquilo que está máis preto. Para rematar
fala da súa publicación Supernormal:

07/12/11

O cine: arte colectiva

A fotografía e o cine van da man dende
o seu nacemento. Visions of light é un
documental datado no ano 1992 que revisa
os momentos de agravio polos que pasou a
historia da cinematografía até a década
dos 90.

Aquí deixo un enlace de descarga con
subtítulos.

03/12/11

ISSUU

"Issuu" ten un equivalente latino:
"éxitus" (participio pasado do verbo "exime" 
co significado de "saír, sacar de, vir de").

En issuu.com colguei o meu primeiro portfolio.



01/12/11

Les Dormeurs



Sophie Calle, a fotógrafa do público e do privado.


"Pedinlle a algunhas persoas que me proporcionaran
algunhas das súas horas de sono. Que viñeran durmir
ao meu leito. Deixáranse fotografar. Responder a 
algunhas preguntas. Propuxenlle a cada unha delas
unha estancia dunhas oito horas, ás dun sono normal.
Contactei por teléfono con 45 persoas descoñecidas,
todas elas cuxos nomes me suxerían outros coñecidos
amigos e veciños (...) A ocupación da cama comezou
do 1 ao 9 de Abril de 1979, foron 28 durmintes en 
total. Algúns incluso se cruzaron (...) Un xogo de
cama limpo estaba a súa disposición (...) non se 
trataba de saber nin de entrevistar, senon de
establecer un contacto neutro e distante. 


Etomaba fotos a todas horas. 
Observaba aos meus invitados durmindo".