29/12/11

persoas grises

"Ten o pelo branco, todo revolto.
Un bigote inmenso, xirado cara arriba.
Un tic na nariz, como se o peso das gafas lle obrigase a levantalas de vez en cando.
Un fruncemento de cellas que pode parecer incredulidade ou sorpresa repentina."

Laura Terré sobre Ramón Masats

"Os fotógrafos aseméllanse na súa forma de vestir e incluso no seu aspecto físico: somos persoas grises, do montón. Os fotógrafos (...) temos que pasar desapercibidos e non chamar a atención. Cando eu facía fotos non me podería permitir estes pelos. Agora que son vello descoideime un pouco... pero sigo pensando que un fotógrafo que queira traballar na rúa non se pode permitir que a xente xire e diga: mira por alá vai."

Ramón Masats




Sem comentários:

Enviar um comentário