Por iso apenas teño fotografías da manifestación.
E por iso fun á folga. Porque por principios non
teño traballo. Nin soldo. Porque non traballo
contando merda por cincocentos euros ao mes.
Ao mellor o compañeiro agresor pensou que eu era a personificación dos medios de comunicación. O demo.
Pero simplemente son xornalista. Se mo deixan ser.
“Para a próxima revéntoche o equipo”
Qué equipo? Se tan só teño unha cámara.
E bastante me custou conseguila.
Non vivo fodéndoche a vida compañeiro.
Non todos somos iguais.
De todas formas graciñas compañeiro, grazas por non deixar de ser un lastre social, por non entender o que é a información, por non falar e por dar leccións de humildade a base de hostias.
Nunca pasei tanta vergoña, e ti?
Imaxes de Vigo o 14 de novembro de 2012
Nós nom somos responsáveis de ter que herdar tanta indecência. Nós nom somos as filhas das que venderom a voz; mas a gente nom tem porque sabe-lo. É compreensível que a gente nom saiba que a informaçom pode ser algo mais que lixo.
ResponderEliminarTemos que recuperar a dignidade de um ofício que venderom sem o nosso consentimento. Para isso, eu no primeiro piquete estou coas maos ocupadas no mesmo que o resto das trabalhadoras. E no segundo. E no terceiro. Quando depois de várias greves todas sabemos que é cada quem, entom ganha-se o direito de levar, ademais das pedras, umha câmara na mao.
Sinto muito que che pasara isso, Silvia. Imos mudar o conto.
Um abraço grande, camarada do audiovisual.
Non temos porque sabelo ninguén porén si deberiamos prestarnos a lo menos a pensalo, valorar o traballo do resto como se valora o dun mesmo. Un piquete por sí só non chegaría lonxe. Sen as manifestacións, sen a xente que pecha o seus negocios, sen aqueles que se enfrontan aos seus xefes, sen aqueles que fan os cartaces da greve, sen aqueles que difunden o que pasa e o que pasou. Todos loitamos por todos e con todos. Por iso somos un colectivo, somos xente, non estamentos. Non hai mellores nin peores. Todos somos iguais.
ResponderEliminarEntendo a súa reacción nun primeiro momento. Eu tamén faría o mesmo. O que pasou despois non tivo razón de ser. Non se ameaza físicamete a unhas compañeiras que te acompañan dende hai anos a canta manifestación, xuizo ou asamblea hai.
Menos mal que os contos xa hai tempo que están mudando...
Saúde moza, outro abrazo grande para ti.
Eu so digo: que ben escribides camaradas! XD da gusto lervos!
ResponderEliminar