"Nun espectáculo violento, a cámara é tan versátil como potente.
Pode expoñer ós agresorxs do mundo ou engrandecelxs; pode rescatar
vítimas ou humillalas aínda máis; pode crear empatía no espectador/a,
tornalxs cómplices, ou simplemente facelxs insensibles.
Tentei explorar como estes efectos poden co-existir dentro das minnhas
imaxes das pelexas de galos de Louisiana que constrúen e participan dun
teatro de violencia. Estou interesada en saber como, lonxe de ocultar a
súa violencia, esa subcultura conscientemente dramatiza o escenario a través
dos seus rituais diarios, hábitos e pasatempos, implicando, así, ó fotógrafo/a
e ao visor como consumidorxs desa violencia.
Os cockfighters de Louisiana son vistos como simples agresores, a pesar
da estreita conexión emocional que comparten cos seus paxaros. As imaxes
buscan amosar o que significa este espectáculo agora que a súa marca particular
de violencia pasou a ser vista como innecesaria e sen sentido.
No proceso, intento facer visible como estes homes e mulleres pasaron de ser
produtorxs de espectáculos violentos para seren un espectáculo en si mesmxs."
Fotos e texto: Stacy Kranitz
Sem comentários:
Enviar um comentário