31/01/12

C.E.N.S.U.R.A

Julián Barón forma con Ricardo Cases e outros cinco fotógrafos máis o colectivo Blank Paper. Preséntanse como un grupo de artistas comprometidos, sinceros e sobre todo afastados dos estereotipos. Cren na liberdade e implicación persoal do fotógrafo e confían o agromar dos seus proxectos ao desenvolvemento do colectivo.

C.E.N.S.U.R.A é un libro de Julián Barón que acha que a fotografía e a censura actúan xuntas no circo da política. Así, Barón intenta censurar á censura con imaxes que non son máis que unha panorámica da política actual chea de enganos e parafernalias meramente superficiais.
















“O estado que tanto defenden desvanécese coas súas accións”

Julián Barón, 11/2011

Sem comentários:

Enviar um comentário