19/11/13

A matanza

- "Camaradas!"
 Gritou o porco.

-"Imaxino que non pensaredes que nós, os porcos, 
estamos facendo isto de xeito egoísta e privilexiado. 

Moitos de nós sentimos aversión cara o leite e as mazás. 
A min persoalmente non me gustan. 

O noso único obxectivo comendo eses alimentos é coidar da nosa saúde. O leite e as mazás (isto foi probado pola ciencia camaradas) conteñen substancias absolutamente necesarias para a saúde do porco. 

Nós, os porcos, traballamos co cerebro. 
Todo o manexo e organización da granxa depende de nós. 
Día e noite procuramos a vosa felicidade. 
Polo voso ben nós comemos o leite e as mazás".



















Fotos: Silvia Mella
Texto: Revolta na granxaGeorge Orwell

Viva Las Vegas!

Proxecto de Bruce Gilden.




15/11/13

fin dunha era

Madurar ou o que vén sendo o paso traumático
dende a tolemia indiferente da adolescencia
ás responsabilidades adultas.

Fotografías de Paul Graham


















14/11/13

xente fría

Modelos,
raíñas,
actores,
cantantes,
princesas,
músicos,
futbolistas,
presidentes,
actrices...

Celebrities.


















As fotografías de Kenji Hirasawa foron tomadas cunha cámara térmica en museos de cera. Son fotos de xente sacándose fotos cunha figura que representa a outra persoa que ten máis de personaxe que de persoa.




































Nunca o culto aos soños foi tan explícito como nestas imaxes, fotos que falan das persoas e as personaxes, do real e o idealizado, da verdade e a mentira, do aburrido e o sensacional, do fanatismo e a ignorancia.

13/11/13

a face da tele

Imaxina ver a túa propia cara reflectida
nun espello cada vez que pasas máis de dez
minutos diante dunha pantalla.

Como cres que sería?




Immersion é un proxecto de Robbie Cooper no que
se poden ver as expresións da xente  cando está
vendo a tele ou xogando á consola.