10/12/13

Kemal

Á sombra da historia.


































Kemal tiña dúas plantas, unha cervexa, cigarros turcos e varios anos de cárcere ás costas. Era moreno, cos ollos pequenos pero moi negros, de estatura mediana e delgado. Moi delgado. Tiña algo de barba, o pelo rizo e unha gorra verde. Espantou a uns moinantes de curta idade con camisa e pelos de punta que se achegaron a nós como gatos arrepiados obrigándonos a venderlles forzosamente unhas birras. Ese foi o noso primeiro contacto con Kemal, na praciña da Torre Gálata. Coñecémolo a el máis a un vello barbudo, agarimoso e borrachón ao que todos lle chamaban Alí Babá. 

A noite estaba estrelada e nós estabamos en Istanbul; catro galegas, un valenciano, un kurdo, un turco, sobre doce cervexas e un dicionario turco-español. Os moinantes liscaron, Alí Babá deulle unha aperta a Héctor e comezou a maruxía no medio da noite. Alí Baba só se expresaba mediante sinais e berros travestidos de risas pero non precisabamos máis. O primeiro que nos dixo o Kemal foi que ulíramos as plantas. Tres horas máis tarde sabiamos que o pano palestino representaba tamén á liberación kurda e que Kemal pasara once anos no talego. 

Que mal, dende logo. Que mal que Kemal sexa kurdo e lle neguen a súa identidade. Que mal que digan que o seu país non existe. Que mal que non lle deixen expresarse na súa lingua. Que mal que a xente non se cuestione porque persoas como Kemal dormen na rúa a centos de kilómetros da súa casa.

Despois do desaloxo da praza Taksim e sen cartos para volver non lle quedaba outra que pasar as horas da noite acariñando as súas plantas até que abrira o día. 

Texto: Silvia Mella.
Imaxes: Susan Meiselas.





























"Ninguén pode calcular o custo humano desta guerra iniciada en 1984; o Governo asegura que provocou 30.000 mortos, o Exército dá a cifra de 20.000 guerrilleiros caídos do PKK (Partido dos Traballadores Kurdos); as organizacións de dereitos humanos falan dun milleiro de desaparecidos, máis de 3.000 vilas destruídas, millóns de desprazados e rexións enteiras devastadas. 

O máis sorprendente da versión oficial sobre a cuestión kurda non é que a Historia lle dera ás costas esquecendo todas e cada unha das revoltas sanguentas que houbo. O peor é que esa versión é aceptada por outros membros da OTAN, como poden ser o Estado Español ou os Estados Unidos. Por iso, o principal valor do libro Kurdistan. In the Shadow of History da xornalista e fotógrafa Susan Meiselas, é botar por terra tal interpretación amosando, dende unha perspectiva profesional e independente, as probas dunha realidade e un legado histórico que se pretende cuestionar. 

Seguindo o coñecido refrán, poderíase dicir neste caso que unha imaxe, e aquí hai moitas, vale máis, non que mil palabras, senón que toda unha teoría de Estado."

La Revista de El Mundo.



05/12/13

idilios

Fragmento dunha conversa entre El Roto e Chema Madoz. 




El Roto: As túas imaxes son hipnóticas.

Chema Madoz: (Tatexa, avergónzase... )

Un par de elementos nos que atopamos o misterio.

Ofrece e agocha a solución.

R: A miña forma de recibilas é dual.

Rachan esquemas.

Eu prefiro a liberación á trampa.

M: A trampa é inxenua, queda á vista.

R: Obxectos cotiáns...

M: Cobran forza.

R: Hoxe a arte disfrázase de inintelixible para selo e non discutirse.

M: O nudismo outórgalle atractivo.

Todo se filtra a través da fotografía.

Na mente está a imaxe final.

Para ler máis aquí.


polizóns

Cruzando os Estados Unidos en trens de carga.

Con 17 anos Mike Brodie comezou a súa andadura de máis de 50.000 kilómetros montando á brava nos comboios.










02/12/13

Le Havre

"Como este mundo é tan terrible 
quitáronseme as ganas de facer películas tristes".
                                   Aki Kaurismäki


Un escritor que limpa botas e un neno
que chega a Francia nun contedor
son os protagonistas desta historia.